i) O juiz Francisco Javier Collazo Lugo chegou a Corcubiom recem saído da Escola Judicial co número 201 (de 222) no 2001. E foi o seu primeiro destino.
iii) Un mes máis tarde, debeu haber noticias de que se presentaría um preito, a Voz de Galicia recolle a existencia do Juiz Francisco Javier Collazo Lugo nas súas páginas.
iv) "Nunca Máis" presenta a súa querelha em Corcubiom o 28 de Janeiro de 2003. Os interesses dos afectados os representa o avogado Ramón Sabin Sabin, premiado como "galego do ano" em 2004 polo Correo Galego e, segundo el mesmo declara, carente de especialidade. Collazo parece contento co caso, que se pensou que puidera ser instruído por Garzón.
v) Em marzo do 2005, com catro anos de antiguidade" Collazo é "ascendido" a magistrado no Juzgado de 1ª Instancia e Instruiçom nº1 de Lugo. Puido solicitar umha próroga, pero acepta. A prensa di que deixa um sumario 20.000 páginas. O substitúe, umha Juiza em prácticas em Betanzos, Mª Jesús García García, a cal a prensa, presenta tamén coma "maxistrada". Em realidade Corcubiom é tamém o seu primeiro destinado.
20.000 páginas som 40 libros de 500 páginas, umhas 35 páginas por día ao longo de dous anos, considerando todo os días laborabeis.
vi) Umhas semanas máis tarde, Mª Jesús García García, que foi proposta polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, pide a baixa por maternidade; é sustituída por umha avogada que estava na lista de sustituiçons, Mª Jesús Souto e, cando se reincorpora, é trasladada a localidade de Ordes, que é partido judicial. Mª Jesús Souto acho no ABC que ordena o embargo dos bens da armadora, pero imagino que sem nenhuma esperanza, porque é sustituta, e, de feito, foi despois desautorizada.
Existe o principio de inamovilidade, pero nim Trepats, nim Sabin, nim o TSXG, nim o CGPJ, nim os propios juizes o teñem em conta.
Cando Mª Jesús García García foi trasladada a Ordes, presidiu brevemente o Xulgado de 1ª Instancia e Instruiçom nº 1 de Corcubiom, um Juiz accidental, que ainda rota hoje por distintos julgados, Carlos Gayo Lemos.
vi) Finalmente, em 2006, é destinada a Corcubiom, tamém o seu primeiro destino coma Juiz, Carmen Veiras Suárez, que foi dende 1996, Secretaria Judicial em Ordes, ingresou na Escola Judicial em 2004 co nº 301 (de 307) e está casada com Raul García Loza, um árbitro de fútbol, famoso por anular um penalty a Schuster cando jogaba no Barcelona num partido de Copa do Rei, e que fiz incursións na política no partido popular.
Carmen Veiras desautoriza a María Jesús Souto, pero a prensa di que consigue de Madrid um peritagem que a Xunta se negava a conceder, e aprazará o juizo ata o 2010. O sumario oscila agora entre os 15.000 e os 50.000 folios, (ver os dous enlaces anteriores).
viii) A finais de Janeiro do 2009, sen embargo, a Juiza Carmen Veiras da por concluída a instruiçom, e se inclúe coma definitivo no sumario um informe do avogado do estado que exculpa a actuación do governo.
O embargo proposto pola avogada-juiza sustituta Mª Xesús Souto, suponho que nom se faría. Tampouco sei o resultado da querelha (ou denuncia?) das Cofradías contra Ramon Sabin. Pero nom tem moita importancia, porque o 75% dos afectados já estavam de acordo com Sabin, em que os culpaveis eram o Capitán do barco e os seus armadores, aos que se dirá que a incompetencia de Souto fiz impossivel embargar, intúo.
O caso, coido, será julgado na Audiencia Provincial da Coruña. É o que conjeturo cos meus nulos coñecementos jurídicos.
O governo nom será culpavel. A armadora o melhor que pode fazer é declararse insolvente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario